sábado, 22 de noviembre de 2014

Cuestionario sobre as funcións dos seres vivos

A actividade que tedes que facer é un cuestionario sobre as funcións dos seres vivos: nutrición, relación e reprodución. Completades o cuestionario ata o final e premedes o botón de CALIFICACIÓN. Copiades a calificación obtida e a escribides como un COMENTARIO (o que por calquera motivo non poda escribir comentarios, que me envíe correo electrónico). O que non faga un comentario, entenderei que non fixo o cuestionario. Non esquezades de poñer o voso NOME. Confío na vosa honradez e sei que me vades a contar a verdade...
Este é o enlace:
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/2ESO/Funcseres/autoevaluacion.htm

Lembrade aceptar a invitación para ser creadores que teredes no voso correo, se non o atopades, mirade no correo non deseado. Saúdos!

martes, 11 de noviembre de 2014




Ola , sou sarai , deíxovos unas fotos dunhas setas que vimos os de 1 e 2 de eso e tamén o noso profesor Juanma nunha "excursión" que fixemos fai un tempo. A excursión foi xenial , vimos una rá , diferentes tipos de setas etc...  pasámolo xenial !! e queremos compartir con vós unhas fotos dunhas setas :

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Reprodución e rexeneración da Hydra



Ola!,
como estamos vendo o tema da reprodución, quero que vexades un video dun animal que é único e peculiar: a Hydra. Un auténtico fósil vivinte
Logo de ver o video, tedes que contestarme ao meu correo electrónico que atoparedes no meu perfil, na parte superior dereita, a unha serie de cuestións:
  1. Qué formas de reprodución ten a hydra?
  2. Explica a capacidade de rexeneración que ten a hydra
  3. Gracias qué tipo de células é capaz de rexenerarse?
  4. Qué outros animais teñen a mesma capacidade de rexeneración que a hydra?
Saúdos e tede en conta que estas actividades contan para a nota final....